miércoles, 10 de febrero de 2016

Entroido

O venres, 5 de febreiro de 2016, tivo lugar a nosa xornada carnavalesca. Educación Infantil converteuse nun Sistema Solar moi chulo e cheo de ilusión. Pola mañá, todos os planetas dirixímonos ao salón de actos para desfilar e recitar a nosa poesía. O colorido e a orixinalidade dos nosos disfraces tinguían o noso cole de ledicia e diversión. Sentímonos verdadeiros artistas enriba do escenario!!! Despois regresamos ás nosas aulas para merendar e terminar a xornada cunha boa sesión de fotografía. Pola tarde, puxémonos as botas comendo orellas, filloas e rosquillas!!! Para terminar, as nosas familias viñeron á clase para vernos recitar a poesía. Esperamos que vos gustara e agradecémosvos enormemente a vosa axuda e colaboración nesta festa tan especial!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario